Archive for Outubro, 2013

O noso Proxecto de Biblioteca e a visita de Palmira no día das Biblitecas

Xa estamos a traballar no Proxecto de Biblioteca para curso 2013-14, “Lendo contos do mar, letriñas veñen e van” e visitounos Palmira de “Mimadriña”, con motivo do día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro 2013.

MIMADRIÑA! 29 de Outubro día das Bibliotecas

Atrasamos a celebración con motivo do día das bibliotecas o 24 de outubro, ata o vindeiro martes 29 de outubro e descubriremos Mimadriña!, a obra en papel feita a man de Palmira Castro Marcote de Sardiñeiro, Fisterra… Seguide atentos ao que aconteza na casa do Aquel ;-))

MAÑÁ 24 DE OUTUBRO, DÍA DE FOLGA

Uns irán e outros non… para os indecisos, comparto o enlace dos compañeiros de TRAFEGANDO RONSEIS: Mañá vou á folga @S frioneir@s manifestamos que: A ESCOLA PÚBLICA É PARA TOD@S, NON SE VENDE… SE DEFENDE!