Archive for Marzo, 2014

OS PRONOMES PERSOAIS

Comezamos a traballar os pronomes persoais no PROA e a mellor maneira para elo foi xogar ao dado dos pronomes persoais 🙂 Aos rapaces gustoulles moito o comezo deste tema, o cal continuaremos mediante cancións, páxinas interactivas,… e, unha vez máis, confirmamos que se pode aprender xogando e que gusta moito máis 😉

Visita do ilustrador Jacobo Fernández Serrano

Frións recibiu hoxe, mércores 26 de marzo do 2014, a visita do ilustrador e escritor Jacobo Fernández Serrano. O alumnado de primeiro ciclo, xa estivera a desfrutar das lecturas de MARCOPOLA A ILLA REMEIRA 1.As orixes de Marcopola e 2. Os Piratas da Lúa; o alumnado de 2º ciclo estivo a ler o libro de […]

Día do Pai !

Este é o agasallo made in PROA 😉 que os rapaces fixeron para seu pai, vai acompañpado de unha tarxeta con mensaxe incluía. En definitiva… Uns ARTISTAZOS !!!

SEMANA DA PRENSA!!!

No PROA tamén somos periodistas :). Os rapaces elaboraron o pé de páxina coa estrutura propia de toda noticia, partindo de unha fotografía. Esta actividade resultou moi motivadora e, unha vez máis, aprendemos de maneira construtiva 😉 A continuación temos algúns exemplos:

Día Internacional da Muller

No PROA recordamos este día facendo un xogo de roles sexuais, onde o alumnado tiña que defender nunha lista de traballos aquel que elixiría se non tivese outra opción, amosando o resto de compañeiros o seu desacordo e argumentando o por qué. Tamén fixemos dúas lecturas en gran grupo e debate posterior coa finalidade de […]