Archive for Abril, 2014

DÍA DO LIBRO

Dende o PROA queremos fomentar a lectura, o hábito lector, o ler por pracer, por gusto,… Pois non hai maior satisfacción 🙂

Pareados coas táboas de multiplicar :)

Dado que se nos fai moi difícil aprender as táboas de multiplicar, no PROA fixemos pareados para axudarnos a aprendelas mellor XD Aquí temos algúns exemplos desta divertida actividade: “Tres por cinco son quince y me hago un esguince” “Tres por una son tres y me comí lo de ayer” “Dos por una dos y […]

Que pasou cando nacín?

Esta actividade que fixemos no PROA consiste en buscar información sobre o día e a data exacta na que nacemos, e para elo tivemos que familiarizarnos coa hemeroteca e grazas a elo o alumnado puido ver aquelas noticias que tiveron lugar ese día tan especial; logo contáronlle aos compañeiros anécdotas como: “Cuando yo nací no […]

CELEBRAMOS O DÍA DO AUTISMO E VISITAMOS AMICOS

Co alumnado de 5º curso, visitamos o centro AMICOS e participamos en distintos talleres, compartindo actividades e experiencias coas persoas que acoden a este centro ocupacional. Tamén estivemos na aula da nosa alumna Rosa, a onde acode unha xornada semanal e coñecemos aos seus compañeiros.

ANXO MOURE E A XACIA LUVIÑAS NO CEIP Pl. DE FRIÓNS

A visita do escritor Anxo Moure, trouxo unha explosión fluvial á casa do Aquel…e os máis pequeno desfrutaron con este contacontos tan dinámico e “natural”… \"Anxo Moure en Youtube\"

Ingredientes para celebrar o día internacional do autismo

Neste mércores 2 de abril, con motivo do día do autismo, puxémosnos a “cociñar en azul”: engadimos unha pizca de imaxinación en forma de corazón, un anaco de canción con pictogramas de Pablo Alborán, unha ducia de globos azuis a repartir polas aulas e un kilo de concienciación adobada con moito amor… Foto de equipo!!! […]