Archive for Xuño, 2014

REMATOU O PROA

Para despedir o PROA fixemos unha gran festa onde bailamos, xogamos, comemos moito e, sobre todo, pasámolo xenial. Foi unha despedida moi emotiva 🙁 A profe deséxavos unhas felices vacacións 😉 Aquí recollemos algúns dos momentos vividos e que recordaremos sempre:

VALORACIÓNS DO PROA

A continuación podemos ver algunhas das valoracións do alumnado sobre o PROA. A profe do PROA está moi feliz 🙂

EDUCACIÓN INTERCULTURAL

No PROA estivemos adicando varias sesións ao coñecemento de outras culturas (costumes, formas de vestir,…) e, para elo, partimos dos coñecementos previos do alumnado e, coa axuda da rede, xornais, revistas,… fomos ampliando o coñecemento. Os nosos compañeiros, Machura e Hicham, ensináronnos os seus nomes en árabe. A maior sorpresa foi ver (tal e como […]

CONTO COLABORATIVO

Fixemos un conto colaborativo e cooperativo en cada grupo do PROA. Foi moi entretido e motivador para o alumnado, pois todos participaron e conseguiron facer unhas historias moi interesantes e divertidas. Con esta actividade traballamos e fomentamos a expresión escrita, a creatividade, o traballo cooperativo,… Certo é que a actividade nos levou moito tempo facela […]