Archive for Novembro, 2014

Onde len os padriños lectores de 6º?

Calquera sitio do cole é bo para ler un conto aos nenos e nenas de infantil… e así podemos velos ben “acariñados” lendo en pasillos, escaleiras…

Samaín 2014 en Frións

Chegou o Samaín!! Fixemos unha exposición de cabazas e logo, mediante voto segredo de cada alumno, votáronse os gañadores e repartíronse os galardóns nunha estupenda cerimonia celebrada no ximnasio. Logo, aproveitando o bo tempo que facía, saimos a bailar no patio unha canción moi divertida chamada “Fogo Nicolás”