Archive for Decembro, 2014

De San Alberto ata o mar: unha viaxe Lendaria. Valverde´s Story

O alumnado de 6º curso representou no festival de nadal a obra plurilingüe (inglés/galego): De San Alberto ata o mar: unha viaxe Lendaria. Valverde´s Story”, elaborada polo alumnado de 6º de primaria no curso 2006-07, cunha temática relacionada co entorno natural da zona e que nos fala da lenda sobre o asolagamento do pobo de […]

Nadal no Mundo

Este ano o Nadal viaxeiro levounos a moitos lugares do mundo e vimos que as nosas non son as únicas que existen… Vimos a Babushka rusa, a Befana italiana, os duendes e os calcetíns de San Nicolás, o Olentzero de Euskadi, o Tió catalán, O Grinch, e por suposto, Santa Claus e os Reis Magos.

Vivindo o nadal en Frións 2014-15

Chegou o nadal a Frións e o cole vestiuse con aires navideños do mundo enteiro…sen esquecer o Apalpador que revisará as barriguiñas ben fartiñas!!!

Os alumnos de 4º curso versionando contos

Alumnado de 4º curso, fixo unha versión moi ben lograda do conto “A cebra Camila”, que logo puideron escoitar os compañeiros de 3º curso, ben atentos!

Os alumnos de 3º curso versionando contos

Os alumnos de 3º curso versionaron o conto de “Chivos chivóns” e logo os que resultaron máis paveros foron lidos a viva voz aos alumnos de 4º curso…

Contos Vellos, Novos Finais

O pasado 25 de Novembro e no marco da programación do Concello de Ribeira para conmemorar o dia internacional contra a violencia de xénero, o grupo Caxato Contacontos convidounos a tódolos primeiros cursos dos colexios do concello a asistir ó auditorio de Ribeira para ver a obra: “Contos vellos, novos finais” Así que acudimos os […]

Charla sobre reciclaxe

O pasado mes de Novembro viñeron a darnos unha charla sobre reciclaxe. Aprendemos que as cousas poden ter unha segunda vida ainda que parezan vellas ou basura. É incrible a utilidade que se lle pode dar só cun pequeno xesto pola nosa parte!!

Visita ó Ecoparque de San Roque

A finais do pasado Novembro os alumnos de cuarto curso do cole de Frións fomos invitados a inaugurar o Ecoparque de San Roque, foi unha experiencia moi divertida, probamos as tirolinas ben protexidos polos arneses e pasá molo xenial!!

No Magosto divertímonos moito

No Magosto divertímonos moito Este Magosto foi todo un acontecemento no cole de Frións!! Na porta principal montouse unha exposición artística inspirada no Outono. Tamén fixemos un montón de xogos populares: os birlos, a culleriña, as chapas, os zancos, a ra… e como remate final, comemos unha morea de castañas!!

Carreira de Campo a Través na Fieiteira

O pasado Venres 28 de Novembro o Cole de Frións participou nas carreiras de campo a través que se celebraron no campo da Fieiteira. Foron moitos os alumnos que se animaron a participar por parte do cole de Frións e que conseguiron grandes éxitos e incluso medallas tanto a nivel masculino coma feminino.