Archive for Marzo, 2015

Á sombra de que árbol estamos a ler?

Como os alumnos e alumnas de 6º curso foron medrando coas árbores do patio…queren saber cómo se chaman…ainda que por agora non teñen nin unha folla de pista!!!! Van investigar e unha cualidade lle van a dar…para compartir e ler cos seus frionciños de infantil á súa sombra,

Eu leo a sombra de…

Comezamos esta actividade o 21 de marzo, comezo da primavera, día Internacional dos Bosques e día mundial da poesía. A madriña lectora Claudia de 6º curso, escolleu a PRUNUS CERASIFERA ‘PISSARDII’, para lerlle a Ismael de 4 anos e asignáronlle a cualidade da ALEGRÍA que asociaremos cun video en código QR, cal sera???.

Novas de ciencia…2015

Cada día hai unha nova de ciencia e os doutores peteiro de 4º curso están á súa búsqueda en distintos medios: na rede, nos periódicos, nas revistas… para compartilas, dalas a coñecer e difundilas desde Frións…ao resto da comunidade…;-)

O Grupo 1 de PROA fai un mural de cara a chegada da Primaveira.

Quedan apenas uns días para que dé comezo a nova estación, para celebrar a súa chegada o grupo 1 de PROA realizou un mural no que plasmaron a sua visión sobre a Primaveira.

Os rapaces e rapazas do PROA aprenden a facer un biscoito

Nestos últimos días, os grupos que asisten ao PROA puideron ver de primeira man como se fai un biscoito paso a paso, fixeron por eles mesmos o seu propio biscoito que logo degustarían unha vez feito. Aínda que algún saiu un pouco tostadiño de máis, a experiencia foi gratificante. Tamén fixeron cartulinas coa receita do […]

Semana da muller traballadora

Con motivo da celebración do día da muller traballadora o 8 de marzo, invitamos ao cole a duas mamás que nos contaron a súa experiencia traballando fóra de Galicia. O luns 9 contamos con Dolores González, mamá de Sandro de 6º de infantil e de Moira e Silvio, antiguos alumnos. Contoulles aos alumnos de EI […]

Día da Paz

No cole de Frións celebramos o día da paz por todo o alto, cremos que paga a pena traballar un tema moi importante, dende a biblioteca convidamos ós nenos a crear un mural entre todos e este foi o resultado.