Archive for Abril, 2015

Nacín no mellor sitio do mundo

Os alumnos e alumnas de 6º curso, fixeron un traballo de investigación, e os que naceron noutro país, fixeron un traballo previo de documentación sobre o seu país de orixe (Venezuela, Perú, Bolivia, Túnez, Marrocos…) e logo realizaron unha presentación ante os compañeiros/as reflexando: localización, costumes, vexetación, clima, comidas típicas… O alumnado que naceu en […]

1001 contos de risas e terror.

Na actividade deste venres en PROA, os alumno/as realizaron entre todos o seu propio libro caseiro para conmemorar o Día do Libro celebrado onte. Algúns escolleron temática de ficción para escribir a súa historia, outros de humor, outros de medo e intriga… Cando todos remataron de expoñer de xeito oral os seus contos, pousaron no […]

FRIÓNS NA FEIRA DA EDUCACIÓN

Desde Frións tamén estivemos presentes na feira de Educación de Ribeira, que se celebrou na semana do 20 ao 26 de abril, expoñendo unha pequena mostra dos traballos feitos no colexio ao longo do ano, moitos relacionados co proxecto anual: “Lendo contos do Aquel por moitos lugares viaxarei”. O día 23, coincidindo co día do […]

Lendo á sombra 2015

Con motivo do día do libro, volvemos a facer a actvidade estrela de “lendo á sombra”, coa participación de todo o centro distribuido en grupos mesturados de alumnado dos distintos cursos, aos que este ano lles leron os alumnos e alumnas de 6º curso. O bo día fixo posible que colocados debaixo das árbores do […]

Día Mundial do libro

Hoxe é o día mundial do libro, no cole de Frións propuxemos que os nenos escollesen o seu libro favorito da biblioteca do aquel. Coma sempre os pequenos foron os máis rápidos.

DIA DO LIBRO NO PROA

QUE MELLOR MANEIRA PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, QUE ESCOLLER UN LIBRO QUE NOS GUSTE NA BIBLIOTECA E RECOMENDALO POÑENDO DE QUÉ VAI…DIFICIL ELECCIÓN COA VARIEDADE E LIBROS CHULOS QUE TEMOS NA CASA DO AQUEL!!!

Libros de ciencia na casa do Aquel

Paula presenta os libros científicos da biblioteca do Aquel, moitos deles usanos na súa aula de 4º curso, por algo son os doutores Peteiro do cole e resolven dúbidas de moita ciencia!

Facemos pan en 3º (2014-15)

Despois de traballar os pasos dunha receita e facer lista de compra…toca practicas os pasos para facer pan na aula… Amasaron e fixeron boliños entre risas colaborativas… Todo o cole olía a panadería…Non quedaron nin as migas!!!

Levedando…

Os alumnos de 3º queren saber que é a levadura e cómo fai medrar a masa do pan…así que lle preguntaron aos doctores Peteiro de 4º para que investiguen e lles aclaren… …e probaron a facer masa con e sen levadura…e buscaron resposta en distintos medios…a todo gas!!!

Reporteros!

SABIAS QUE…na revista Reporteros atopamos moitas curiosidades de ciencia…e desde 4º dámolas a coñecer aos compañeiros do cole…