Archive for Xuño, 2015

6º para sempre nunha pegada de árbore

O alumnado de 6º curso quixo deixar a súa pegada e facer un último traballo no “libro das palbras”. Debuxaron unha fermosa árbore e cada un deixou impresa en cores a súa pegada cos dedos, poñendo o seu nome a carón e unha cualidade que o identifique… Ata sempre Frións!

Novo rexistro das árbores do patio

O traballo de investigación proposto para este trimeste sobre as árbores do patio, levado a cabo polo alumnado de 6º curso, chegou ao seu remate e como resultado final, elaboraron un plano comparativo da ubicación e número de árbores no ano 1998, ano en que se realizou o proxecto de Voz Natura de deu orixe […]

Pablo e Luis de 6º curso lendo códigos QR no patio do cole

O alumnado de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Frións fixo un traballo coas árbores do patio e explica cómo ler os códigos QR que colocaron nas paxareiras e letreiros cos nomes das árbores.

Fixemos paxareiras con cartóns de leite e zumo

Que chulas nos quedaron aos alumnos e alumnas de 6º curso estas paxareiras de cores feitas con cartóns de leite e zumo que troixemos da casa. Déronnos moito chollo, pero mereceu a pena, pois colocámoslle uns códigos QR…que te levarán a moitas fotos de momentos divertidos no cole…A qué esperas para lelos desde unha tableta […]

Video titorial por Bea de 6º para crear códigos QR

Desde un proxecto de innovación no que participa o cole de Frións, Bea de 6º curso fixo un video titorial onde nos explica o sinxelo que é crear códigos QR, que son imaxes como labirintos que nos levan a enlaces que podemos ler desde o teléfono, a tableta…

Chegaron as follas ás árbores…

As árbores do patio xa teñen máis follas que as Din A4 dos lectores de 6º curso e os ointes infantiles… Saen tímidas a escoitar os contos que soan baixo a súa pequena sombra… Pronto lles saberemos os nomes a cada unha!!!