Archive for Decembro, 2015

Mercadiño solidario: “Quilo por libro”:

Aproveitando a celebración do festival de Nadal, organizamos no centro un Mercadiño Solidario de libros: “Quilo por libro”. Consiste en “intercambiar” alimentos non perecedoiros (arroz, pasta, legumes, latas…) por un libro de segunda man, a escoller, dos expostos nunha mesa á entrada do cole. A comida recollida levarémola a unha ONG para repartila entre os […]

Lecturas para todas as idades no nadal

Desde Frións queremos encender chispas con boas palabras e que vos quentedes coas lecturas para todas as idades que vos recomendamos desde o Equipo de Biblioteca. Non esquezades meter un libro no saco de agasallos e para que lembredes que calquera data é boa para regalar un libro, vai cun calendario do 2016… Cantos libros […]

Concurso de contos: ‘Palabras compartidas no Nadal’.

Nestas datas de estar en familia, aproveitamos para pedir ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria que participen escribindo un conto ambientado no nadal, no que saian conceptos como a solidariedade, o intercambio cultural e o recoñecemento de distintas profesións presentes na sociedade actual. A extensión será o que ocupe o relato breve […]

Contacontos Youba

Antes de rematar o trimestre invitamos algúns pais/nais do novo alumnado a compartir cos nenos un conto e algo mais. Youba, o papá de Yayha e Fatimetou animouse a contarnos cousas do seu país Nouadhibou (Mauritania). Os nenos e nemas de Infantil, de 1º e de 2º curso poideron disfrutar co que compartíu, aquí vos […]

A árbore das palabras compartidas

Chegan estas datas e como cada ano fixemos un CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL entre o alumnado. Éste ano tratouse de facer unha postal buscando unha PALABRA POSITIVA en galego e decorámola en familia, botándolle unha pinga de imaxinación e bos sentimentos. No reverso, escribimos un bo desexo para o novo ano empregando esa palabra […]

Día Internacional de los Derechos del niño

Para conmemorar o Día Internacional de los Derechos del niño, O Concello de Riveira convidounos a desfrutar dunha representación a cargo dos “Titiriteros de Binéfar” (premio nacional de teatro para la infancia y la juevntud). Acudimos moi entusiarmados e gozamos co espectáculo.

Novidades DECEMBRO 2015