Archive for Febreiro, 2016

COMEZAMOS O PROA

Os nenos/as de PROA comezan con moita ilusión este novo curso 2015/2016. Ánimo rapazada que as tardes son para crear e creer que podemos facer todo o que nos propoñamos!!!! />

Carlota e Antonio de 5º curso, poemando por Rosalía

Antonio leu o poema de “maio longo” e Carlota o de “máis ve que o meu corazón” a un público de 3 anos que prestou moita atención na hora de ler.

24F lendo a Rosalía

O alumnado de 5º curso, neste día adicado á escritora de Padrón, foi polas aulas do centro lendo poemas sacados do libro “Escolma poética” de Rosalía de Castro. O recitado foi escoitado con gran atención, espertando os soños poéticos da rapazada.

Lendo poesía

No mes do AMOR e a AMIZADE quixemos gozar da poesía e o seu son musical, de paso que practicamos léndoa. Aínda estamos a aprender pero gústanos como soa.

CONCURSO “ ATOPA O POEMA”

Na semana do 15 ao 19 de febrero, os frionciños/as, tedes unha “cita con corazón” na biblioteca do Aquel. Atrévete a buscar nos libros de poesía o poema que aparece e identificalo co seu autor e título de libro. Logo completa o corazón coa información requerida, coa mellor letra que teñas e coidando a presentació, […]

Un Entroido moi “profesional”

Que boa idea!. O Aquel inspirounos á hora de elixir o disfrace de Entroido de acordo á vestimenta de diferentes oficios, que é o tema do noso proxecto anual. Para confeccionar o disfrace, primeiro informámonos da roupa que adoitan levar as profesións representadas e engadirlle un chisco de encanto e imaxinación. Aquí tedes unha mostra […]

Alumnos de 5º presentan novidades de febreiro 2016

Moitas cousas que ver e ler en febreiro na biblioteca imos ter.

Novidades FEBREIRO 2016