Archive for Marzo, 2016

Semana da prensa en Frións

Con motivo da “Semana da prensa” o Aquel propuxo unha actividade para todo o alumnado do centro. Tiveron que recompilar noticias dos xornais, cada curso dunha sección diferente e con elas elaborar un mural. Participaron moitos/as alumnos/as, uns recollendo noticias, outros recortándoas e outros pegándoas no mural. Aquí vos queda un vídeo do proceso co […]

Son da feira e veño á escola

“Son de familia feirante e gústame vir á escola”, está feito con grabacións de alumnado e docentes do centro que falan sobre o alumnado de familia feirante e a súa inclusión na escola, por ser o de problemática de absentismo máis vixente no centro. Remarcar que somos un centro moi diverso e a finalidade deste […]

PEQUENOS COCIÑEIROS EN PROA

O alumnado de PROA aprende a facer unha receita de galletas, seguindo os diferentes pasos e medindo as proporcións. Que ricas nos quedaron…non quedaron nin as migas!

Dia 10 na semana da Cociña en Frións

Tarde de froita e creación artística, con toda unha explosión de cor e sabor que os máis pequenos agradeceron deixando voar a imaxinación e aventurándose a probar deliciosos pratos elaborados por eles, xa convertidos en maestros de cociña e como tales foron acreditados con diplomas e gorros incluidos.

Día da muller con Raquel e Carolina

Na hora de ler tivemos visita por partida doble: Raquel a mamá de Sara e Daniel Pérez Mariño e Carolina, a mamá de Gael e Claudia Vidal García, enfermeira unha e enxeñeira técnica forestal outra. Viñeron superequipadas para ensinar aos máis pequenos e pequenas en qué cosiste o seu traballo… Toda unha experiencia!

Dia 9 na semana da Cociña en Frións

Ricos e apetitosos os doces de cacahuete e os de coco que fixeron os nosos frionciños e frionciñas coas indicacións e bn facer de Khadija e Lubna, mamás de alumnos/as do cole que fixeron de estupendos axudantes de cociña.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Monica Carretero Cartel de Mónica Carretero para FETE-UGT Dende a biblioteca, CPI da Cañiza recomendan recursos variados para celebrar o día. ENTRADE AQUÍ

Dia 7 na semana da Cociña en Frións

Todo un éxito a participación animada dos máis pequerrechos do cole nos obradoiros de cociña que se realizaron polas tardes na semana do 7 ao 10 de marzo. O luns 7 contamos sushi e minihamburguesas, ao cargo do papá master chef Antonio Alján, coa axuda inestimable da súa muller Dolores. O día 7 contamos coa […]

“OBRADOIRO DE COCIÑA FRIONEIRA”

En Frións queremos incentivar o talento e a creatividade dos máis pequenos. Dentro dos Programas Contrato, como un Programa de Excelencia, os días 7, 9 e 10 de marzo imos facer pola tarde uns obradoiros de cociña, dirixidos aos NENOS E NENAS de INFANTIL, 1º e 2º curso. A idea é compartir cos nenos e […]

Novidades MARZO 2016