Archive for Abril, 2016

Alumnos de 6º presentan novidades de abril 2016

Os axudantes de biblioteca de 6º curso contannos ao seu xeito que recomendacións lectoras se fixeron desde o Equipo de Bilioteca para o mes de abril, antipando xa o que podemos atopar de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas.

E naceron os pitiños de Frións!!!!

Que alegría levaron os coidadores de ovos de quinto curso, hoxe ao ir remover os ovos na incubadora, sorpresa!!!! había un pitiño que rompera o cascarón…e ao longo da mañá cinco máis…e ahí nos quedamos. O Aquel está moi contento de que na súa casa naceran poliños tan feitiños.

Día mundial do libro e dos dereitos de autor

Durante os recreos desta semana, os alumnos tiveron o seu dispor na biblioteca, uns carteis para colorir. Despois puxemolos nas paredes do cole para lembrar esta data sinalada a toda a comunidade educativa.

23 de abril “Día Mundial do Libro 2016”

Achégase unha das datas máis significativas para as Bibliotecas, o “Día Mundial do libro”. Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un pequeno díptico cun fermoso texto, agasallo do autor Pedro Feijó que nos gustaría compartir con todos vos. Se o queredes ver mellor ou descargar, premede no enlace: DÍPTICO Díptico […]

Unha contacontos en Frións: María da Pontragha

María da Pontragha engaiolou aos nenos e nenas máis pequerrechos de Frións, co seu doce contar e fíxonos rir coas súas ocorrencias de boa contadora de historias baseadas no mito e na experiencia. Nótase que foi educadora e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da […]

MIGUEL DE CERVANTES

Este ano conmemóranse os 400 anos dun dous máis recoñecidos escritores universais, Miguel de Cervante Saavedra. Gustaríanos que puidésedes participar do mesmo dun xeito sinxelo e accesible, polo que vos deixamos o enlace a unha páxina web donde desfrutar xogando e aprendendo sobre o autor e a súa obra. Premede no enlace e pasalo ben!!! […]

Proxecto “Pio-pio” 2016

Continuando as ansias investigadoras do alumnado de 5º curso, iniciadas no pasado curso con pequenos “estudios científicos”, este curso embarcamos nun proxecto máis ambicioso que vai do “ovo ao polo”. Partimos de preguntas do alumnado de 3º e 4º curso, que QUERÍAN SABER: ¿De que están feitos os ovos? ¿Como se crea o ovo dentro […]

Visita da escritora Erica Esmorís

Nacín nunha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os meus compañeiros de viaxe… Así comezou falándolle aos rapaces e rapazas de 5º e 6º curso a escritora Erica Esmorís na súa visita ao cole para falarnos do seu libro “Nena e o mar”, […]

Cantounos Magín Blanco

Que suertudos os frionciños e frionciñas, que en abril chegoulles música para as orellas e alegría para os pes. Xa en febreiro emocionamos os corazóns con “Meu amor estoupa”. Na súa visita a Frións, Magín Blanco tamén nos cantou os versos de Manuel María, que aparecen en “Canta o Cuco”, libro disco que podedes atopar […]

Novidades ABRIL 2016