Archive for Maio, 2016

INICIAMOS O CONCURSO “DE QUEN FALO?

Dende PROA organizámolo concurso “DE QUEN FALO?” no que poderán participar tódolos/as alumnos/as do centro dende o día 30 de maio ata o 10 de xuño. O alumnado que asiste aos dous grupos do pograma, describiu ao persoal do centro ao seu xeito, con detalles moi naturais, sen dar pistas evidentes, para que adiviñemos “quen […]

CONSTRUIMOS UN TANGRAM

Obradoiro de Matemáticas: Médoto ABN

Alumnado de 4º e 5º de primaria, inscrito previamente, e o grupo 1 de alumnado que asiste a PROA, en total uns vinte alumnos e alumnas, desfrutaron mogollón co profe Juan do CEIP Nebra en Sobrado, Porto do Son. No seu colexio, todos os cursos traballan co método ABN para o desenvolvemento da competencia matemática, […]

Mar Romera: “educa con amor, en equipo mellor”

As orientadoras que organizamos as Escolas de Familia de colexios de Aguiño, Frións e Pobra, rematamos moi satisfeitas co clima creado coas familias a través desta actividade. A través destas xuntanzas, pretendemos dar resposta a cuestións relativas á educación dos seus fillos e fillas, nun clima de intercambio de experiencias e reflexións sobre temas de […]

Actuación de “Monifates”

Menudo luns tivemos!!!! En colaboración coa ANPA, todo o alumnado do centro puido desfrutar da actuación do dúo musical da contorna “Monifates”, composto por Alberto Millán e Xosé Piñeiro. A rapazada de Frións quedou prendada do bo facer destes dous artistas, que troixeron un montón de instrumentos feitos con aparellos cotiás, e uns bailaríns moi […]

Lendo á sombra 2016

Outro ano máis os aqueliños e as aqueliñas de Frións, sairon ao bosque do seu patio para espallar palabras ao vento da primavera. Celebramos así o maio lendo con afecto en grupos de idades mixturadas, co calorciño do sol e coa caricia das verbas ben aqueladas. Actividade realizada en coordinación co ENDL.

CHARLA DE MAR ROMERA A TRAVÉS DOS “ENCONTROS COAS FAMILIAS”

O xoves día 19 de maio ás 7 da tarde, no auditorio Valle Inclán na Pobra do Caramiñal, as familias podedes asistir a unha charla ao cargo da psicopedagoga e especialista en Intelixencia Emocional, Mar Romera. É unha ocasión única de disfrutar dunha experta en educación e namorada da infancia, que ten a deferencia de […]

Receitas de 2º curso

Que actividade tan chula fixo o alumnado de 2º curso coas súas familias. Desde a escola traballamos coas receitas de cociña como recurso que facilita o desempeño da competencia matemática, lingüística, social, creativa, motriz, sensorial… e solicitamos a colaboración de pais en nais para que se meteran na cociña cos seus fillos e fillas. Coa […]

Día das Letras Galegas 2016: Manuel María

Desde a Biblioteca do CEIP pl. Frións, en colaboración co ENDL sumámonos ás homenaxes con motivo do Día das Letras Galega ao poeta lucense Manuel María. Contribuímos a nivel de todo o centro, con distintos traballos expositivos en murais vistosos e coloridos. Tamén cunha exposición de apeiros tradicionais e obxectos de casas de labranza e […]

E os poliños van medrando

Erase unha vez cinco poliños que naceron en Frións, son polos viaxeiros e pronto partiron rumbo a unha aldea de Lugo, xa moi empoladiños. Cos coidados dunha granxeira inglesa, medran e pian por volver, seguro que senten a morriña dos aloumiños das nenas e dos nenos, que con tanto agarimo os axudaron a chegar a […]