Archive for Maio 23rd, 2016

Mar Romera: “educa con amor, en equipo mellor”

As orientadoras que organizamos as Escolas de Familia de colexios de Aguiño, Frións e Pobra, rematamos moi satisfeitas co clima creado coas familias a través desta actividade. A través destas xuntanzas, pretendemos dar resposta a cuestións relativas á educación dos seus fillos e fillas, nun clima de intercambio de experiencias e reflexións sobre temas de […]

Actuación de “Monifates”

Menudo luns tivemos!!!! En colaboración coa ANPA, todo o alumnado do centro puido desfrutar da actuación do dúo musical da contorna “Monifates”, composto por Alberto Millán e Xosé Piñeiro. A rapazada de Frións quedou prendada do bo facer destes dous artistas, que troixeron un montón de instrumentos feitos con aparellos cotiás, e uns bailaríns moi […]

Lendo á sombra 2016

Outro ano máis os aqueliños e as aqueliñas de Frións, sairon ao bosque do seu patio para espallar palabras ao vento da primavera. Celebramos así o maio lendo con afecto en grupos de idades mixturadas, co calorciño do sol e coa caricia das verbas ben aqueladas. Actividade realizada en coordinación co ENDL.