Archive for Xuño, 2016

Poema aos pitiños…que non paran de medrar

O “Poema dos pitos” foi elaborado polos nenos e nenas de 2º curso e con él damos o broche final ao proxecto “Cociñamos e creamos e do ovo ao polo investigamos” realizado polos niveis de 2º e 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Frións, no curso 2015-2016. Na montaxe podemos ver como foron […]

Difusión do traballo de convivencia

O CEIP Heroinas de Sálvora invitounos a visitar o seu centro, dentro da Semana da Diversidade. Fomos co alumnado de 6º de primaria que levou o seu traballo sobre convivencia para expoñelo e amosarlle o proceso seguido e o resultado acadado. O alumnado de Aguiño, tamén nos amoraron os seus traballos sobre diversidade, algúns centrados […]

Palabras e conductas que facilitan a convivencia

Traballo realizado ao longo do curso polo alumnado de 6º curso dentro do Programa de “Mellora da Convivencia e promoción da igualdade nos centros”, dentro dos Contratos Programa. Ao longo do curso, fomos tomando conciencia dos valores persoais que cada un quería poñer na mochila para a súa vida, escollendo unha palabra a partir do […]

Presentación do proxecto Pío-Pío

Co remate de curso, chega tamén a exposición final do traballo de investigación que fixeron os alumnos e alumnas de 5º curso Os alumnos e alumnas de 5º curso. Deixaron mostra dos seus descubrimentos e expuxeron o seu traballo aos que tantas preguntas lles fixeron, o alumnado de 3º e 4º curso. Como mostra queda […]

Recomendacións para o verán

Rematamos o curso e xa temos moitas gañas de gozar do tempo de lecer, das vacacións, do sol e da praia. O Aquel deséxavos un bo verán e presenta unhas refrescantes lecturas para soñar e compartir neste tempo merecido de descanso. Esperamos que vos gusten. Ata a volta! Recomendacións para o verán Publish at Calameo

Visita de 5º curso a AMBAR

Despois de rematar o traballo duro deste curso tivemos unha salida na que visitamos unha asociación da nosa contorna. Eles viñeron con motivo do “Día Internacional das Bibliotecas Escolares” a ensinarnos un pouco do seu traballo de encadernación. Agora visitamos as instalacións, compartimos xogos e aprendimos máis do que fan no seu centro. Pasámolo moi […]

Traballo de investigación sobre as Profesións e Oficios

Aquí temos o resultado das pesquisas feitas polos nosos alumnos/as, en colaboración coas familias, sobre diferentes oficios ou proefesións. O primeiro traballo pertence ao alumnado de Infantil e o segundo ao de Primaria. GRAZAS a todos pola vosa colaboración! Investigando sobre profesións… Infantil Publish at Calameo Investigando Sobre Oficios E Profesións Primaria Publish at Calameo

Despedimos á auxiliar de conversa Adrienne

Este curso tivemos de auxiliar de conversa a Adrienne, moza de Carolina do Norte, que nos deixou unha pegada de fala e cultura inglesa en toda a comunidade educativa de Frións. Equipo docente e alumnado reunímonos para darlle un agasallo feito con agarimo, para que lle queden ganas de volver outro ano a compartir, “experiences […]

En 2º construimos bibliorecetas e outras creacións musicadas

O alumnado de 2º curso, este ano moito lle deu á cabeza, para crear riquísimas receitas, seguindo todos os pasos dende a compra ata a cociña, con moita imaxinación e fundamento. E como no cole naceron pitiños, moito nos inspiraron para facer poemas, propios e versionados e ata cancións!!!! Moito nos divertimos e nos liamos […]

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Durante o mes de xuño os nenos e nenas da contorna poderán gozar de novo con sesións de CONTACONTOS na Biblioteca Municipal de Riveira. NON VOLO PERDADES!!!