Archive for Decembro, 2016

Recomendacións Nadal 2016

Aquí tedes algunhas ideas para os vosos nenos e nenas. Un libro axúdalles a soñar e descúbrelles un mundo cheo de cousas por coñecer. Recomendacións libros Nadal 2016 Publish at Calameo

Novidades de Decembro 2016 desde os apadriñamentos

O alumnado de 6º curso leulle moitos contos os luns, no proxecto lector, aos peques de 3 anos neste primeiro trimestre. Queren aproveitar para facernos recomendacións lectoras coas novidades que entraron na biblioteca para o nadal.

Postais do Nadal

Aquí vos deixamos unha mostra das postais que fixeron os alumnos/as xunto coas súas familias para o concurso de postais que organizamos cada ano. Aproveitámolas para decorar o cole. Moitas grazas por participar e … FELICES FESTAS!

Visita do grupo ODAIKO

Que ben o pasamos! Os percusionistas do grupo Odaiko fixéronnos rir e gozar coas súas interpretacións. Unha vez máis puidemos comprobar que a música é un agasallo para os oídos e para a alma.

TEATRO PARA TODA A FAMILIA

“Roedores”, un espectáculo sobre igualdade.

Charla micolóxica ao Equipo Cogomelo.

O alumnado de 3º nivel, entre os que se atopa o “Equipo Cogomelo, tiveron hoxe a un auténtico especialista no eido micolóxico, Jesús Manuel Parada, presidente da asociación Refungando en Ribeira. Contounos moitas e interesantes cousas: diferencia entre fungo e cogomelo, as súas partes, as diferentes clases, a importancia que ten ser coidadoso á hora […]

Novidades DECEMBRO 2016

Lendo e compartindo letras e agarimos

O alumnado de 6º curso, como ven facendo en anos anteriores, fai lecturas ao alumnado de infantil. Este trimestre comezamos cos pequerrechos de 3 anos, que gustan de escoitar aos Bolechas en calquera recuncho do cole: dentro ou fóra, en escaleiras ou colchonetas…calquera sitio é bo para deixarnos envolver por “letras con agarimo”.