Archive for Decembro 1st, 2016

Lendo e compartindo letras e agarimos

O alumnado de 6º curso, como ven facendo en anos anteriores, fai lecturas ao alumnado de infantil. Este trimestre comezamos cos pequerrechos de 3 anos, que gustan de escoitar aos Bolechas en calquera recuncho do cole: dentro ou fóra, en escaleiras ou colchonetas…calquera sitio é bo para deixarnos envolver por “letras con agarimo”.