Archive for Marzo, 2017

Magdalenas con corazón

O día 30 de marzo, contamos coa visita de alumnado do centro AMICOS e as súas familias. Xuntos cociñamos un postre moi emocional, magdalenas de améndoa con forma de corazón, para poder degustar e sentir…

Acrosport en Frións

Coreografía de Acrosport realizada durante as sesións de Educación Física. Foi deseñada e executada polos alumnos/as de quinto e sexto curso. Da xenio velos!

Montando un picoteo

O 29 de marzo, contamos coa visita dun “papá master chef” que xa lle colleu gusto a vir dar orientacións aos peques para elaborar gustosos e amorosos platos… Nesta ocasión fixemos pinchos variados con alimentos moi diversos… Uhm, que rico estaba todo!

Ensaladas divertidas

O 28 de marzo, prepararemos divertidas ensaladas con froitas de todas as cores e que logo merendamos. Tamén fixemos mostra das ensaladas emplatadas de xeito orixinal, facendo figuras…

Obradoiros de cociña con amor 2017

Por segundo ano consecutivo, celebramos no cole os obradoiros de cociña pola tarde, este ano dirixidos ao alumnado de 2º curso de primaria… Será do 28 ao 30 de marzo e imos a pasalo de rechupete! Cartel Obradoiro de Cociña 17 by O Aquel de Frións on Scribd

Que é para ti poesía…

Con motivo do día da poesía, o 21 de marzo, ademáis de ler poemas na hora do Plan Lector… …pois preguntámolle ao alumnado de infantil sobre o tema. As respostas foron variadas e paveras. Aquí unha pequena mostra con alumnado da aula de 6º de infantil.

Presentación moi persoal do alumnado de 6º curso

O alumnado de 6º curso quixo presentarse aos compañeiros doutros centros do entorno, e quixo darse a coñecer de corazón. Fixeron un precioso traballo de descripción persoal, mirando para dentro con amor e sentimento positivo. Para acompañar esa descripción, cada un fixo un autoretrato ben bonito e creativo, amosando toda a beleza interior que hai […]

“OS CONTAMÚSICOS”: unha mamá contacontos e un papá músico.

O venres 17 de marzo, tivemos no Plan Lector uns contacontos moi especiais, os papás de Sabela de 5º de infantil viñeron ao cole moi ben equipados. A mamá, Sonia, contounos a fábula de “Asamblea de Ratos” (do que foron disfrazados no entroido). O papá, Jose, ofreceunos un repertorio, interpretado con distintas trompetas.Os nenos e […]

Grupos PROA 2017

Nesta ocasión preséntovos a todos os nenos que están a asistir ao PROA este ano 2017. No grupo 1 asisten alumnos e alumnas de 2º, 3º e 5º curso. Son: Ángela,Fatimetou, Mohamed, Sara e Fatou (detrás e de esquerda a dereita) e Iria, Yumalay, Omniya, Inola, Gisela e Shiara (diante de esquerda a dereita). Aos […]

Lendo “mamás do mundo” con Khadija

Unha nai de Mongolia ensina a seu fillo a montar a cabalo; unha nai e unha filla bailan unha danza tradicional en India… Khadija, nai de Raed e Hatim, contounos co seu sorriso envolvente, como as nais do mundo coidan os seus fillos e fillas, reflexando que o cariño e a alegría de compartir tempo […]