Lendo “Velliñas” desde PROA

O grupo 1 de PROA, leu un conto da maleta de familias, cedida por Bibliotecas Escolares e da que disfrutamos este mes de marzo. Os ointes foron os compañeiros e compañeiras que se quedan na biblioteca pola tarde.

O conto escollido foi “Velliñas” da editorial OQO. Esta historia amosa que somos capaces de facer cousas que parecen imposibles polas persoas que queremos. Antea e Filipa (interpretadas por Natalia e Sara), son dúas velliñas humildes que comparten todo, aínda que o seu todo sexa case nada: sopa de auga de luns a sábado e un fideo a medias os domingos.