Archive for Abril, 2017

PROA e a froita

O grupo 2 de PROA, con motivo da semana da froita no colexio, fixemos un lapbook para explicar as propiedades e beneficios dalgunhas froitas. Ademais quixemos incluír no traballo a pirámide dos alimentos (para ver as racións de froita que debemos consumir), a árbore ou planta da que procede cada froita e unha curiosidade sobre […]

Maleta de lecturas para familias

Dentro do Programa de Acción Maxistral, mercamos libros emocionais e en valores para as Escolas de familia dos tres centros participantes, pensado para facer unha mochila viaxeira para as familias.

Almorzo saudable en 1º curso

En colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AEECC) e aproveitando que esta semana no cole tiñamos froita, gracias ao “Programa Aliméntate Ben”, o alumnado de 1º curso disfrutou dun almorzo ben completo. Escoitaron moi atentos/as as recomendacións de Aroa e colorearon uns salvamanteis ben chulos: “o teu almorzo saudable, cada día aliméntate ben.”

I SEMANA DE CIENCIA E VALORES

O alumando do centro, vai desfrutar de actividades e charlas enfocadas a poñer en práctica ciencia e valores humáns que van relacionados. Aquí temos o cartel da I SEMANA DE CIENCIA E VALORES Cartel Semana Da Ciencia Leer más publicaciones en Calaméo

Día Mundial do Libro 2017

Un ano máis chegou a data por excelencia para os amigos e amigas da lectura. Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un marcapáxina cun texto orixinal da poeta galega Rosalía Fernández Rial, agasallando os nosos ollos, oídos e mesmo o corazón.

Relaxing en familia

Actividade do día 21 na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións: para rematar esta semana da orientación, do 18 ao 21 de abril, un papá veu na tarde do viernes a practicar unha sesión de relaxación en familia… un broche final de luxo!

Gimcana Emocional

Actividades do 20 de abril na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións: Gimcana emocional, organizada polo alumnado do CEEPR Amicos para realizar cos alumnos e alumnas de sexto curso do cole… pasámolo fenomenal.

Pinchazos con moito mimo

Actividades do día 19 de abril na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións: Unha mamá enfermeira montou unha sala de hospital no cole, coa súa cama e o instrumental básico. Todo o alumnado do cole, dende os pequenos ata os máis grandes, vivenciaron o bo trato e comprobaron que non hai que ter […]

Pizza da inclusión

Actividade do 18 de abril na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións: Cociñando con emoción unha “Pizza da Inclusión”, foi elaborada polo alumnado de 4º curso con alimentos moi distintos, como chocolate e salchichas, contando coa colaboración duns papás “Top Chef”, xa habituais nos fogóns do noso cole.

l SEMANA DA ORIENTACIÓN EN FRIÓNS

Do 18 ao 21 de abril, teremos actividades no cole con motivo da semana da orientación: cociñaremos con inclusión, practicaremos pinchazos con mimo, faremos unha gimcama emocional e relxarémonos para rematar moi agustiño despois de tanta actividade. Diptico Semana Orientación by O Aquel de Frións on Scribd