Archive for Maio, 2017

Concurso de maio “foto e adiviña”

No mes de maio, a través da páxina do facebook, O Aquel de Frións, propuxemos facer un concurso de refráns entre os visitantes do perfil. A foto que tivo mais “likes”, foi a dun cuco, enviada por Lugo Rios Montes e Vales, co seguinte refrán: “entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, e […]

Anxo Moure e “Caramulo”

O 25 de maio, desfrutamos da visita do escritor chantadino Anxo Moure, a través da editorial Consorcio. Os máis pequenos do cole participaron activamente e moi entusiasmados coas súas historias, presentando a “Caramulo”, a súa última obra, dentro da súa traxectoria en defensa da natureza: “O carballo con botas”, “A Xacia Luviña”, ” O paraugas […]

“Miña terriña”, Premio Certame Literario maio 2017

O alumno de 6º curso, Juan Francisco Tomé Sampedro, obtivo un premio no Concurso Literario das Letras Galegas do Concello de Riveira, con “Miña terriña”, proba de que non todo é futbol o que lle sae ben a este mozo.

Buceando na busca de novas especies

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións: o xoves 11 de maio, tivemos unha CHARLA para o alumnado de 5º e 6º curso, polo encargado do CENTRO DE BUCEO HYDRONAUT EN RIBEIRA e presidente do GRUPO DE ESTUDOS DO MEDIO MARIÑO (GEMM). Jacinto Pérez é un buceador que busca […]

LENDO Á SOMBRA INTERCENTROS

no patio do CEIP pl. de Frións, recibimos ao alumnado do CEEPR Amicos e ao do CEP Pilar Maeztú Sierra, para que o alumnado de 6º curso, xa experto lector, distribuido en grupos lles lesen contos emocionais e en valores. Despois desfrutaron da merenda e do xogo nun recreo compartido… Que ben o pasaron e […]

Medicina e valores polo mundo

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións: o luns 8 de maio, tivemos unha CHARLA sobre ONGs, pola PEDIATRA DO HOSPITAL DO BARBANZA (Marian Cangas). Primeiro leulles un conto ao alumnado de EI, un Kamisibai sobre a sida en África e logo faloulles ao alumando de 5º e 6º […]

EXPER-I-CIENCIA correntes mariñas

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións: o xoves 4 de maio, tivemos unha EXPERIENCIA-CHARLA DUN CIENTÍFICO (Antonio Cobelo, experto en correntes mariñas), solicitado desde EXPER-I-CIENCIA CSIC, para o alumnado de 5º e 6º curso. Foi toda unha experiencia misturar auga de cores doce e salgada, vendo como reaccionan.

Concurso de tartas con froita

O alumnado de 2º curso, coa colaboración das súas familias, participou nun concurso de tartas. O requisito fundamental é que levasen froita na súa elaboración. O premio estivo moi reñido, pois todas estaban de rechupete. Houbo un premio á presencia e outro ao sabor.

Novidades MAIO 2017

Enlaces web Letras Galegas 2017 – CARLOS CASARES

No tren de Carlos Casares from Illa Bufarda on Vimeo. Aquí vos deixamos os enlaces a páxinas interesantes con información, actividades, vídeos e imaxes do autor homenaxeado, Carlos Casares. @ Seminario Galán @ Fundación Carlos Casares Unha morea de contidos para coñecer ben ao escritor. @ Repositorio de contidos educativos @ CEIP Vilaxoan @ Real […]