Convivencia en 6º cursoArchive for the '' Category

Presentación moi persoal do alumnado de 6º curso

O alumnado de 6º curso quixo presentarse aos compañeiros doutros centros do entorno, e quixo darse a coñecer de corazón. Fixeron un precioso traballo de descripción persoal, mirando para dentro con amor e sentimento positivo. Para acompañar esa descripción, cada un fixo un autoretrato ben bonito e creativo, amosando toda a beleza interior que hai […]

Día da muller traballadora desde Frións 2017

No día da muller traballadora, Ainhoa, Romeo, Uxía e Salaheddine, alumnos e alumnas de 6º curso, contaronnos quen son as mulleres referentes para eles na súa vida…

En xaneiro, lemos por dentro para quentar por fóra

Os máis pequenos volveron do nadal con ganas de escoitar un conto e aos máis maiores do cole xa lles tardaba contarllo. O sitio é o de menos, cando a calor dos nosos lectores e lectoras acompaña os contos favoritos… eso si, ben abrigadiños!

Lendo e compartindo letras e agarimos

O alumnado de 6º curso, como ven facendo en anos anteriores, fai lecturas ao alumnado de infantil. Este trimestre comezamos cos pequerrechos de 3 anos, que gustan de escoitar aos Bolechas en calquera recuncho do cole: dentro ou fóra, en escaleiras ou colchonetas…calquera sitio é bo para deixarnos envolver por “letras con agarimo”.

Difusión do traballo de convivencia

O CEIP Heroinas de Sálvora invitounos a visitar o seu centro, dentro da Semana da Diversidade. Fomos co alumnado de 6º de primaria que levou o seu traballo sobre convivencia para expoñelo e amosarlle o proceso seguido e o resultado acadado. O alumnado de Aguiño, tamén nos amoraron os seus traballos sobre diversidade, algúns centrados […]

Palabras e conductas que facilitan a convivencia

Traballo realizado ao longo do curso polo alumnado de 6º curso dentro do Programa de “Mellora da Convivencia e promoción da igualdade nos centros”, dentro dos Contratos Programa. Ao longo do curso, fomos tomando conciencia dos valores persoais que cada un quería poñer na mochila para a súa vida, escollendo unha palabra a partir do […]