Investigando do ovo ao polo. Frións 2016Archive for the '' Category

Poema aos pitiños…que non paran de medrar

O “Poema dos pitos” foi elaborado polos nenos e nenas de 2º curso e con él damos o broche final ao proxecto “Cociñamos e creamos e do ovo ao polo investigamos” realizado polos niveis de 2º e 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Frións, no curso 2015-2016. Na montaxe podemos ver como foron […]

Presentación do proxecto Pío-Pío

Co remate de curso, chega tamén a exposición final do traballo de investigación que fixeron os alumnos e alumnas de 5º curso Os alumnos e alumnas de 5º curso. Deixaron mostra dos seus descubrimentos e expuxeron o seu traballo aos que tantas preguntas lles fixeron, o alumnado de 3º e 4º curso. Como mostra queda […]

E os poliños van medrando

Erase unha vez cinco poliños que naceron en Frións, son polos viaxeiros e pronto partiron rumbo a unha aldea de Lugo, xa moi empoladiños. Cos coidados dunha granxeira inglesa, medran e pian por volver, seguro que senten a morriña dos aloumiños das nenas e dos nenos, que con tanto agarimo os axudaron a chegar a […]

E naceron os pitiños de Frións!!!!

Que alegría levaron os coidadores de ovos de quinto curso, hoxe ao ir remover os ovos na incubadora, sorpresa!!!! había un pitiño que rompera o cascarón…e ao longo da mañá cinco máis…e ahí nos quedamos. O Aquel está moi contento de que na súa casa naceran poliños tan feitiños.

Proxecto “Pio-pio” 2016

Continuando as ansias investigadoras do alumnado de 5º curso, iniciadas no pasado curso con pequenos “estudios científicos”, este curso embarcamos nun proxecto máis ambicioso que vai do “ovo ao polo”. Partimos de preguntas do alumnado de 3º e 4º curso, que QUERÍAN SABER: ¿De que están feitos os ovos? ¿Como se crea o ovo dentro […]

Contos contados: “O Polo Pepe”

Os irmáns Otmane de 4º de primaria e Ismael de 6º de infantil, contan aos compañeiros o conto do Polo Pepe. Con éste conto iniciamos o proxecto “do ovo ao pito” que vai centrar a investigación do alumnado de 5º de primaria, a partir das preguntas previas dos compañeiros de 3º e 4º curso…