Cociñando cada curso co alumnadoArchive for the '' Category

Concurso de tartas con froita

O alumnado de 2º curso, coa colaboración das súas familias, participou nun concurso de tartas. O requisito fundamental é que levasen froita na súa elaboración. O premio estivo moi reñido, pois todas estaban de rechupete. Houbo un premio á presencia e outro ao sabor.

Almorzo saudable en 1º curso

En colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AEECC) e aproveitando que esta semana no cole tiñamos froita, gracias ao “Programa Aliméntate Ben”, o alumnado de 1º curso disfrutou dun almorzo ben completo. Escoitaron moi atentos/as as recomendacións de Aroa e colorearon uns salvamanteis ben chulos: “o teu almorzo saudable, cada día aliméntate ben.”

Pizza da inclusión

Actividade do 18 de abril na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións: Cociñando con emoción unha “Pizza da Inclusión”, foi elaborada polo alumnado de 4º curso con alimentos moi distintos, como chocolate e salchichas, contando coa colaboración duns papás “Top Chef”, xa habituais nos fogóns do noso cole.

Magdalenas con corazón

O día 30 de marzo, contamos coa visita de alumnado do centro AMICOS e as súas familias. Xuntos cociñamos un postre moi emocional, magdalenas de améndoa con forma de corazón, para poder degustar e sentir…

Montando un picoteo

O 29 de marzo, contamos coa visita dun “papá master chef” que xa lle colleu gusto a vir dar orientacións aos peques para elaborar gustosos e amorosos platos… Nesta ocasión fixemos pinchos variados con alimentos moi diversos… Uhm, que rico estaba todo!

Ensaladas divertidas

O 28 de marzo, prepararemos divertidas ensaladas con froitas de todas as cores e que logo merendamos. Tamén fixemos mostra das ensaladas emplatadas de xeito orixinal, facendo figuras…

Obradoiros de cociña con amor 2017

Por segundo ano consecutivo, celebramos no cole os obradoiros de cociña pola tarde, este ano dirixidos ao alumnado de 2º curso de primaria… Será do 28 ao 30 de marzo e imos a pasalo de rechupete! Cartel Obradoiro de Cociña 17 by O Aquel de Frións on Scribd

En 2º construimos bibliorecetas e outras creacións musicadas

O alumnado de 2º curso, este ano moito lle deu á cabeza, para crear riquísimas receitas, seguindo todos os pasos dende a compra ata a cociña, con moita imaxinación e fundamento. E como no cole naceron pitiños, moito nos inspiraron para facer poemas, propios e versionados e ata cancións!!!! Moito nos divertimos e nos liamos […]

Receitas de 2º curso

Que actividade tan chula fixo o alumnado de 2º curso coas súas familias. Desde a escola traballamos coas receitas de cociña como recurso que facilita o desempeño da competencia matemática, lingüística, social, creativa, motriz, sensorial… e solicitamos a colaboración de pais en nais para que se meteran na cociña cos seus fillos e fillas. Coa […]

Dia 10 na semana da Cociña en Frións

Tarde de froita e creación artística, con toda unha explosión de cor e sabor que os máis pequenos agradeceron deixando voar a imaxinación e aventurándose a probar deliciosos pratos elaborados por eles, xa convertidos en maestros de cociña e como tales foron acreditados con diplomas e gorros incluidos.