Cociñando cada curso co alumnadoArchive for the '' Category

Dia 9 na semana da Cociña en Frións

Ricos e apetitosos os doces de cacahuete e os de coco que fixeron os nosos frionciños e frionciñas coas indicacións e bn facer de Khadija e Lubna, mamás de alumnos/as do cole que fixeron de estupendos axudantes de cociña.

Dia 7 na semana da Cociña en Frións

Todo un éxito a participación animada dos máis pequerrechos do cole nos obradoiros de cociña que se realizaron polas tardes na semana do 7 ao 10 de marzo. O luns 7 contamos sushi e minihamburguesas, ao cargo do papá master chef Antonio Alján, coa axuda inestimable da súa muller Dolores. O día 7 contamos coa […]

“OBRADOIRO DE COCIÑA FRIONEIRA”

En Frións queremos incentivar o talento e a creatividade dos máis pequenos. Dentro dos Programas Contrato, como un Programa de Excelencia, os días 7, 9 e 10 de marzo imos facer pola tarde uns obradoiros de cociña, dirixidos aos NENOS E NENAS de INFANTIL, 1º e 2º curso. A idea é compartir cos nenos e […]

Facemos pan en 3º (2014-15)

Despois de traballar os pasos dunha receita e facer lista de compra…toca practicas os pasos para facer pan na aula… Amasaron e fixeron boliños entre risas colaborativas… Todo o cole olía a panadería…Non quedaron nin as migas!!!

CELEBRAMOS O DÍA DO AUTISMO E VISITAMOS AMICOS

Co alumnado de 5º curso, visitamos o centro AMICOS e participamos en distintos talleres, compartindo actividades e experiencias coas persoas que acoden a este centro ocupacional. Tamén estivemos na aula da nosa alumna Rosa, a onde acode unha xornada semanal e coñecemos aos seus compañeiros.

Ingredientes para celebrar o día internacional do autismo

Neste mércores 2 de abril, con motivo do día do autismo, puxémosnos a “cociñar en azul”: engadimos unha pizca de imaxinación en forma de corazón, un anaco de canción con pictogramas de Pablo Alborán, unha ducia de globos azuis a repartir polas aulas e un kilo de concienciación adobada con moito amor… Foto de equipo!!! […]