PROA 2016-17Archive for the '' Category

Proxectos finais en PROA

Neste último mes do PROA desenvolvemos dous pequenos proxectos de investigación. O grupo 1 fixo un proxecto sobre cogomelos, investigaron que son, se os podemos comer, que partes teñen, como son… e ata cultivamos os nosos propios cogomelos ostra. No grupo 2 dividiron o planeta nos seus 5 continentes e buscaron información sobre Europa, Asia, […]

PROA e a froita

O grupo 2 de PROA, con motivo da semana da froita no colexio, fixemos un lapbook para explicar as propiedades e beneficios dalgunhas froitas. Ademais quixemos incluír no traballo a pirámide dos alimentos (para ver as racións de froita que debemos consumir), a árbore ou planta da que procede cada froita e unha curiosidade sobre […]

PROA: elaboramos receitas.

No grupo 2 de PROA para rematar o 2º trimestre elaboramos unha receita de muffins de oreo. Os muffins quedáronnos de 10 e non deixamos nin as frungallas.

Grupos PROA 2017

Nesta ocasión preséntovos a todos os nenos que están a asistir ao PROA este ano 2017. No grupo 1 asisten alumnos e alumnas de 2º, 3º e 5º curso. Son: Ángela,Fatimetou, Mohamed, Sara e Fatou (detrás e de esquerda a dereita) e Iria, Yumalay, Omniya, Inola, Gisela e Shiara (diante de esquerda a dereita). Aos […]

Lendo “mamás do mundo” con Khadija

Unha nai de Mongolia ensina a seu fillo a montar a cabalo; unha nai e unha filla bailan unha danza tradicional en India… Khadija, nai de Raed e Hatim, contounos co seu sorriso envolvente, como as nais do mundo coidan os seus fillos e fillas, reflexando que o cariño e a alegría de compartir tempo […]

Lendo “Velliñas” desde PROA

O grupo 1 de PROA, leu un conto da maleta de familias, cedida por Bibliotecas Escolares e da que disfrutamos este mes de marzo. Os ointes foron os compañeiros e compañeiras que se quedan na biblioteca pola tarde. O conto escollido foi “Velliñas” da editorial OQO. Esta historia amosa que somos capaces de facer cousas […]