Cousas do coleArchive for the '' Category

Premiados e premidadas en Frións 2016-17

Os alumnos e alumnas de 2º e 6º nivel, este curso 2016-17 participaron en moitas actividades organizadas por diferentes organizacións: -2016, Premio para un estudante 6ª nivel, Juan, no concurso de debuxo Asociación de AGADEA Alzheimer. -2017, Premio para un estudante 6ª nivel, Juan, para o poema “Miña Terra” no certame literario “Letras Galegas 2017″ […]

Muro graffiti desde Arts.

Así de chulo quedou o muro do noso cole, pintado por toda a comunidade educativa nas clases de “Arts”… quedounos xenial!!!. Na foto o alumnado de 6º curso, cos profes implicados no proxecto, a titora e o director.

Concurso de maio “foto e adiviña”

No mes de maio, a través da páxina do facebook, O Aquel de Frións, propuxemos facer un concurso de refráns entre os visitantes do perfil. A foto que tivo mais “likes”, foi a dun cuco, enviada por Lugo Rios Montes e Vales, co seguinte refrán: “entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, e […]

“Miña terriña”, Premio Certame Literario maio 2017

O alumno de 6º curso, Juan Francisco Tomé Sampedro, obtivo un premio no Concurso Literario das Letras Galegas do Concello de Riveira, con “Miña terriña”, proba de que non todo é futbol o que lle sae ben a este mozo.

Enlaces web Letras Galegas 2017 – CARLOS CASARES

No tren de Carlos Casares from Illa Bufarda on Vimeo. Aquí vos deixamos os enlaces a páxinas interesantes con información, actividades, vídeos e imaxes do autor homenaxeado, Carlos Casares. @ Seminario Galán @ Fundación Carlos Casares Unha morea de contidos para coñecer ben ao escritor. @ Repositorio de contidos educativos @ CEIP Vilaxoan @ Real […]

Acrosport en Frións

Coreografía de Acrosport realizada durante as sesións de Educación Física. Foi deseñada e executada polos alumnos/as de quinto e sexto curso. Da xenio velos!

Recitando a Rosalía

Nós tamén quixemos homenaxear a Rosalía e que mellor maneira que lembrando a súa obra. Fixemos este vídeo coas voces do alumnado e as súas interpretacións plásticas do poema “Adios ríos, adios fontes”. Esperamos que vos gusten.

Enlaces web ALIMÉNTATE BEN

Preme nas ligazóns se queres coñecer os segredos dunha alimentación saudable. @ Maletín educativo de salud @ Taller Didáctico – Nutricional en el aula de Educación Primaria @ Alimentación y vida saludable @ Más de 70 actividades educativas sobre alimentación, nutrición y cocina @ La pirámide de la alimentación @ Comer bien es divertido @ […]

Enlaces web METEOESCOLAS

Poñemos ao voso dispor unha lista de ligazóns donde podedes atopar información sobre meteroloxía. Picade nos enlaces para coñecer máis do tema. Pasádeo ben. @ Cuentos infantiles publicados por AEMET @ Meteoescuela – Cantabria @ Meteogalicia @ Construindo unha estación meteorolóxica @ Aula de primaria. El tiempo atmosférico @ Trabajo con una estación meteorológica

Postais do Nadal

Aquí vos deixamos unha mostra das postais que fixeron os alumnos/as xunto coas súas familias para o concurso de postais que organizamos cada ano. Aproveitámolas para decorar o cole. Moitas grazas por participar e … FELICES FESTAS!