Os axudantes bibliotecarios do 6º cursoArchive for the '' Category

En xaneiro, lemos por dentro para quentar por fóra

Os máis pequenos volveron do nadal con ganas de escoitar un conto e aos máis maiores do cole xa lles tardaba contarllo. O sitio é o de menos, cando a calor dos nosos lectores e lectoras acompaña os contos favoritos… eso si, ben abrigadiños!

Lendo e compartindo letras e agarimos

O alumnado de 6º curso, como ven facendo en anos anteriores, fai lecturas ao alumnado de infantil. Este trimestre comezamos cos pequerrechos de 3 anos, que gustan de escoitar aos Bolechas en calquera recuncho do cole: dentro ou fóra, en escaleiras ou colchonetas…calquera sitio é bo para deixarnos envolver por “letras con agarimo”.

Alumnos de 6º presentan novidades de abril 2016

Os axudantes de biblioteca de 6º curso contannos ao seu xeito que recomendacións lectoras se fixeron desde o Equipo de Bilioteca para o mes de abril, antipando xa o que podemos atopar de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas.

Lendo ao sol de venres

O 2 de Abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil. Desde a biblioteca do Aquel, lembramos a importancia de ler bos libros a todas as nenas e a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. Os padriños e madriñas lectoras […]

Apadriñamento lector no curso 2015-16

Os rapaces de Frións espalláronse polo patio, aproveitando o bo tempo de novembro, para disfrutar de ler en boa compañia e con agarimo. Aquí vos deixo un novo vídeo dos nosos padriños e madriñas lectores de 6º de primaria co alumnado de infantil. Espero que vos guste, “VOUCHE LER UN CONTO” “>

6º para sempre nunha pegada de árbore

O alumnado de 6º curso quixo deixar a súa pegada e facer un último traballo no “libro das palbras”. Debuxaron unha fermosa árbore e cada un deixou impresa en cores a súa pegada cos dedos, poñendo o seu nome a carón e unha cualidade que o identifique… Ata sempre Frións!

Novo rexistro das árbores do patio

O traballo de investigación proposto para este trimeste sobre as árbores do patio, levado a cabo polo alumnado de 6º curso, chegou ao seu remate e como resultado final, elaboraron un plano comparativo da ubicación e número de árbores no ano 1998, ano en que se realizou o proxecto de Voz Natura de deu orixe […]

Pablo e Luis de 6º curso lendo códigos QR no patio do cole

O alumnado de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Frións fixo un traballo coas árbores do patio e explica cómo ler os códigos QR que colocaron nas paxareiras e letreiros cos nomes das árbores.

Fixemos paxareiras con cartóns de leite e zumo

Que chulas nos quedaron aos alumnos e alumnas de 6º curso estas paxareiras de cores feitas con cartóns de leite e zumo que troixemos da casa. Déronnos moito chollo, pero mereceu a pena, pois colocámoslle uns códigos QR…que te levarán a moitas fotos de momentos divertidos no cole…A qué esperas para lelos desde unha tableta […]

Video titorial por Bea de 6º para crear códigos QR

Desde un proxecto de innovación no que participa o cole de Frións, Bea de 6º curso fixo un video titorial onde nos explica o sinxelo que é crear códigos QR, que son imaxes como labirintos que nos levan a enlaces que podemos ler desde o teléfono, a tableta…