SEN CLASIFICARArchive for the '' Category

A MUDANZA DO AQUEL

Buceando na busca de novas especies

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións: o xoves 11 de maio, tivemos unha CHARLA para o alumnado de 5º e 6º curso, polo encargado do CENTRO DE BUCEO HYDRONAUT EN RIBEIRA e presidente do GRUPO DE ESTUDOS DO MEDIO MARIÑO (GEMM). Jacinto Pérez é un buceador que busca […]

Recomendacións para o verán

Rematamos o curso e xa temos moitas gañas de gozar do tempo de lecer, das vacacións, do sol e da praia. O Aquel deséxavos un bo verán e presenta unhas refrescantes lecturas para soñar e compartir neste tempo merecido de descanso. Esperamos que vos gusten. Ata a volta! Recomendacións para o verán Publish at Calameo

Traballo de investigación sobre as Profesións e Oficios

Aquí temos o resultado das pesquisas feitas polos nosos alumnos/as, en colaboración coas familias, sobre diferentes oficios ou proefesións. O primeiro traballo pertence ao alumnado de Infantil e o segundo ao de Primaria. GRAZAS a todos pola vosa colaboración! Investigando sobre profesións… Infantil Publish at Calameo Investigando Sobre Oficios E Profesións Primaria Publish at Calameo

Día das Letras Galegas 2016: Manuel María

Desde a Biblioteca do CEIP pl. Frións, en colaboración co ENDL sumámonos ás homenaxes con motivo do Día das Letras Galega ao poeta lucense Manuel María. Contribuímos a nivel de todo o centro, con distintos traballos expositivos en murais vistosos e coloridos. Tamén cunha exposición de apeiros tradicionais e obxectos de casas de labranza e […]

23 de abril “Día Mundial do Libro 2016”

Achégase unha das datas máis significativas para as Bibliotecas, o “Día Mundial do libro”. Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un pequeno díptico cun fermoso texto, agasallo do autor Pedro Feijó que nos gustaría compartir con todos vos. Se o queredes ver mellor ou descargar, premede no enlace: DÍPTICO Díptico […]

Video titorial por Bea de 6º para crear códigos QR

Desde un proxecto de innovación no que participa o cole de Frións, Bea de 6º curso fixo un video titorial onde nos explica o sinxelo que é crear códigos QR, que son imaxes como labirintos que nos levan a enlaces que podemos ler desde o teléfono, a tableta…

Nadal no Mundo

Este ano o Nadal viaxeiro levounos a moitos lugares do mundo e vimos que as nosas non son as únicas que existen… Vimos a Babushka rusa, a Befana italiana, os duendes e os calcetíns de San Nicolás, o Olentzero de Euskadi, o Tió catalán, O Grinch, e por suposto, Santa Claus e os Reis Magos.

Comezamos con moito ánimo e entusiasmo!!!

Ao igual que o ano pasado, este ano ao PROA vai o alumnado en dous grupos…empezamos con moitas ganas e ilusión, queremos pasalo moi ben e aprender mogollón :-))

Concurso de postais 20-13-14

Este ano quixemos felicitar o nadal de xeito especial e moi mariñeiro. O concurso de postais tivo como motivo o mar e versionamos a panxoliña “Pero mira como beben os peixes…”, e mimá!!!… como a cabeza non para, deu para voar a imaxinación ;-)) Mira e verás: “NO NADAL, CANTAS SORPRESAS VIVIRÁS”