Proxecto ” Lendo contos de Ratos con Talento ” C.2012-13Archive for the '' Category

E NO COLE , ONDE LES TI ?

POLO DÍA DO LIBRO Actividade programada pola biblioteca e na cal se involucraron todos os titores e pais dos nenos. Facer fotos aos nenos lendo, en calquera situación, cal a mais simpática, orixinal e pintoresca, isto foi o resultado, todo un éxito… E NO COLE, ONDE LES??? E TI, ONDE LES???

Contacontos ” The Mixed up Chameleon “

O avó de Adrián de 4 anos veunos deleitar co conto ” The Mixed up Chameleon “:

Contacontos- ” PACO “

A nai de Adrián de 4 anos, veunos contar ” PACO ”

Contacontos ” Los granjeros en acción “

A mamá de Sara de 3 anos contounos ” Los granjeros en acción ”

EN GALEGO, CASTELÁN, ÁRABE E INGLÉS ESCOITAMOS CONTOS OUTRA VEZ!

Polo día do Libro, escoitamos contos dos familiares dos nenos……

Inventos absurdos de 6º curso 2012-13

O grupo de alumnos de 6º curso fixeron inventos imaxinarios con material de reciclaxe en traballo colaborativo: unha gravadora/fotocopiadora de soños, unha máquina de facer deberes, a semente dos desexos, un “fototuive”… inventos que explicaban como era o seu funcionamento para que os ointes elexisen cal sería o de máis éxito…como se tivesen que vendela…e […]

E DAS ÁRBORES BROTOU A POESÍA

Lectura de poesías escritas nunha plantilla de forma de folla adicadas ás árbores transplantadas no patio , con motivo do día da árbore e da poesía o 21 de marzo.

Erase unha vez unha ratiña

2º TRIMESTRE Segundo o conto ” Da ratiña presumida “, os nenos levaban para a casa un pequeno traballo: a familia involúcrase dándolle un xiro de 90º e inventando de novo o conto ( título, un novo traballo, contexto…), promovendo aos nenos que rapaces/zas poderían facer calquer tipo de traballo.

Visita de Ana Alonso

Visitounos a autora da colección dos libros ” Pizca de Sal ” de Ana Alonso , libros como ” El monstruo comerrocas”- ” Desafío Lunar “- ” Un número mágico “- ” Una mano en la piedra “…., os nenos mais atrevidos arrancáronse a facerlle preguntas , meténdose no papel de xornalistas.

E con Rosalía chegou a Poesía

Celebramos o día de Rosalía de Castro, os nenos/as de 4º Primaria fixeron unha lectura conxunta dun poema de Rosalía no Auditorio de Ribeira, xunto con outros colexios. Os demais nenos/as do centro, fixeron unha lectura en conxunto polas distintas aulas, dos poemas da autora Rosalía.