” Lendo contos do Aquel, por moitos lugares viaxarei” 2014/15Archive for the '' Category

6º para sempre nunha pegada de árbore

O alumnado de 6º curso quixo deixar a súa pegada e facer un último traballo no “libro das palbras”. Debuxaron unha fermosa árbore e cada un deixou impresa en cores a súa pegada cos dedos, poñendo o seu nome a carón e unha cualidade que o identifique… Ata sempre Frións!

Novo rexistro das árbores do patio

O traballo de investigación proposto para este trimeste sobre as árbores do patio, levado a cabo polo alumnado de 6º curso, chegou ao seu remate e como resultado final, elaboraron un plano comparativo da ubicación e número de árbores no ano 1998, ano en que se realizou o proxecto de Voz Natura de deu orixe […]

Pablo e Luis de 6º curso lendo códigos QR no patio do cole

O alumnado de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Frións fixo un traballo coas árbores do patio e explica cómo ler os códigos QR que colocaron nas paxareiras e letreiros cos nomes das árbores.

Fixemos paxareiras con cartóns de leite e zumo

Que chulas nos quedaron aos alumnos e alumnas de 6º curso estas paxareiras de cores feitas con cartóns de leite e zumo que troixemos da casa. Déronnos moito chollo, pero mereceu a pena, pois colocámoslle uns códigos QR…que te levarán a moitas fotos de momentos divertidos no cole…A qué esperas para lelos desde unha tableta […]

Video titorial por Bea de 6º para crear códigos QR

Desde un proxecto de innovación no que participa o cole de Frións, Bea de 6º curso fixo un video titorial onde nos explica o sinxelo que é crear códigos QR, que son imaxes como labirintos que nos levan a enlaces que podemos ler desde o teléfono, a tableta…

Chegaron as follas ás árbores…

As árbores do patio xa teñen máis follas que as Din A4 dos lectores de 6º curso e os ointes infantiles… Saen tímidas a escoitar os contos que soan baixo a súa pequena sombra… Pronto lles saberemos os nomes a cada unha!!!

As árbores do patio teñen placa

O alumnado de 6º curso estivo a investigar o nome e as carácterísticas das árbores que temos no patio, clasificando 14 especies en todo o recinto. Contamos coa axuda do papá de Pedro de 5 anos, que fixo unhas placas identificativas, pero que moi ben feitas en madeira…e co seu espacio para colocar un código […]

Hector Lorenzo canta poemas aos peques do cole

O 29 de maio 2015 tivemos visita de Hector Lorenzo ao CEIP Pl.Frións e deleitou aos máis pequenos do cole con poemas musicados que escribiu no seu día para a súa filla. A DORNA DO MANTEL PAPÁ PINTOU UN BARCO NUN ANACO DUN MANTEL: NÓS SUBIMOS NEL EMPOLEIRADOS NOS SEUS MASTROS. ADIANTE MARIÑEIROS!!! QUE HABEMOS […]

Visita de Ramón Caride ao cole

Visita de Ramón Caride ao CEIP Pl.Frións o 25 de maio 2015 que falou de libros como “Perigo vexetal” e “O futuro roubado” que leron os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso…e que gustou un montón!

Nacín no mellor sitio do mundo

Os alumnos e alumnas de 6º curso, fixeron un traballo de investigación, e os que naceron noutro país, fixeron un traballo previo de documentación sobre o seu país de orixe (Venezuela, Perú, Bolivia, Túnez, Marrocos…) e logo realizaron unha presentación ante os compañeiros/as reflexando: localización, costumes, vexetación, clima, comidas típicas… O alumnado que naceu en […]