“Lendo contos do mar, letriñas veñen e van” 2013/14Archive for the '' Category

CELEBRAMOS O DÍA DO AUTISMO E VISITAMOS AMICOS

Co alumnado de 5º curso, visitamos o centro AMICOS e participamos en distintos talleres, compartindo actividades e experiencias coas persoas que acoden a este centro ocupacional. Tamén estivemos na aula da nosa alumna Rosa, a onde acode unha xornada semanal e coñecemos aos seus compañeiros.

ANXO MOURE E A XACIA LUVIÑAS NO CEIP Pl. DE FRIÓNS

A visita do escritor Anxo Moure, trouxo unha explosión fluvial á casa do Aquel…e os máis pequeno desfrutaron con este contacontos tan dinámico e “natural”… \"Anxo Moure en Youtube\"

Visita do ilustrador Jacobo Fernández Serrano

Frións recibiu hoxe, mércores 26 de marzo do 2014, a visita do ilustrador e escritor Jacobo Fernández Serrano. O alumnado de primeiro ciclo, xa estivera a desfrutar das lecturas de MARCOPOLA A ILLA REMEIRA 1.As orixes de Marcopola e 2. Os Piratas da Lúa; o alumnado de 2º ciclo estivo a ler o libro de […]

Concurso de postais 20-13-14

Este ano quixemos felicitar o nadal de xeito especial e moi mariñeiro. O concurso de postais tivo como motivo o mar e versionamos a panxoliña “Pero mira como beben os peixes…”, e mimá!!!… como a cabeza non para, deu para voar a imaxinación ;-)) Mira e verás: “NO NADAL, CANTAS SORPRESAS VIVIRÁS”

AS VISITAS AO COLE DE FRIÓNS NO PRIMEIRO TRIMESTRE 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos moitas visitas: O DEPARTAMENTO DE IGUALDADE DO CONCELLO, OS AXENTES FORESTAIS E NAIS DO ALUMNADO EXTRANXEIRO DE CONTACONTOS.

FORMACIÓN DE USUARIOS, MOCHILAS VIAXEIRAS E APADRIÑAMENTOS LECTORES, no curso 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos a Formación de Usuarios nos distintos cursos de educación infantil e primaria e inicio do recorrido das Mochilas Viaxeiras polos fogares ribeirenses, con material da biblioteca para toda a familia. Actividade novidosa neste curso, son os Apadriñamentos Lectores de alumnado de 6º de primaria, que lles len contos a alumnos e […]

NO SAMAIN COS CELTAS E NO MAGOSTO COS XOGOS NOS DIVERTIMOS

Tivemos un Samaín moi celta, con cabazas decoradas de mostros mariños, fadas celtas de auga… e as creacións artísticas cos productos de outono, foron de “nota”. No magosto castañas comemos e moito xogamos aos xogos populares e tradicionais: bolos, aros, a rá…

O noso Proxecto de Biblioteca e a visita de Palmira no día das Biblitecas

Xa estamos a traballar no Proxecto de Biblioteca para curso 2013-14, “Lendo contos do mar, letriñas veñen e van” e visitounos Palmira de “Mimadriña”, con motivo do día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro 2013.

MIMADRIÑA! 29 de Outubro día das Bibliotecas

Atrasamos a celebración con motivo do día das bibliotecas o 24 de outubro, ata o vindeiro martes 29 de outubro e descubriremos Mimadriña!, a obra en papel feita a man de Palmira Castro Marcote de Sardiñeiro, Fisterra… Seguide atentos ao que aconteza na casa do Aquel ;-))