Recomendacións BibliotecaArchive for the '' Category

Día Mundial do Libro 2017

Un ano máis chegou a data por excelencia para os amigos e amigas da lectura. Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un marcapáxina cun texto orixinal da poeta galega Rosalía Fernández Rial, agasallando os nosos ollos, oídos e mesmo o corazón.

Biografía de Rosalía

Xa esta ao virar a esquina o 24 de febreiro, día de Rosalía, e queremos compartir con todos a súa biografía, elaborada por compañeiros do CEIP López Ferreiro. Gozádea e compartila. Biografía de Rosalía Publish at Calameo

Recomendacións Nadal 2016

Aquí tedes algunhas ideas para os vosos nenos e nenas. Un libro axúdalles a soñar e descúbrelles un mundo cheo de cousas por coñecer. Recomendacións libros Nadal 2016 Publish at Calameo

Novidades de Decembro 2016 desde os apadriñamentos

O alumnado de 6º curso leulle moitos contos os luns, no proxecto lector, aos peques de 3 anos neste primeiro trimestre. Queren aproveitar para facernos recomendacións lectoras coas novidades que entraron na biblioteca para o nadal.

Visita do grupo ODAIKO

Que ben o pasamos! Os percusionistas do grupo Odaiko fixéronnos rir e gozar coas súas interpretacións. Unha vez máis puidemos comprobar que a música é un agasallo para os oídos e para a alma.

TEATRO PARA TODA A FAMILIA

“Roedores”, un espectáculo sobre igualdade.

Recomendacións para o verán

Rematamos o curso e xa temos moitas gañas de gozar do tempo de lecer, das vacacións, do sol e da praia. O Aquel deséxavos un bo verán e presenta unhas refrescantes lecturas para soñar e compartir neste tempo merecido de descanso. Esperamos que vos gusten. Ata a volta! Recomendacións para o verán Publish at Calameo

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Durante o mes de xuño os nenos e nenas da contorna poderán gozar de novo con sesións de CONTACONTOS na Biblioteca Municipal de Riveira. NON VOLO PERDADES!!!

Contacontos na Biblioteca Municipal.

Todos os sábados do mes de maio ás 12.00 h haberá unha sesión de contos para nenos e nenas de 3 a 12 anos na Biblioteca do Concello, e comezan estas sesións cunha profesional de luxo, moi coñecida entre o público infantil, Raquel Queizás que nos presentará “Mariña. Contos nados no mar”, dos que tivo […]

Alumnos de 6º presentan novidades de abril 2016

Os axudantes de biblioteca de 6º curso contannos ao seu xeito que recomendacións lectoras se fixeron desde o Equipo de Bilioteca para o mes de abril, antipando xa o que podemos atopar de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas.