Postais do Nadal
Aquí vos deixamos unha mostra das postais que fixeron os alumnos/as xunto coas súas familias para o concurso de postais que organizamos cada ano. Aproveitámolas para decorar o cole. Moitas grazas por participar e … FELICES FESTAS!
Aquí vos deixamos unha mostra das postais que fixeron os alumnos/as xunto coas súas familias para o concurso de postais que organizamos cada ano. Aproveitámolas para decorar o cole. Moitas grazas por participar e … FELICES FESTAS!
Lectura de poesías escritas nunha plantilla de forma de folla adicadas ás árbores transplantadas no patio , con motivo do día da árbore e da poesía o 21 de marzo.
2º TRIMESTRE Segundo o conto ” Da ratiña presumida “, os nenos levaban para a casa un pequeno traballo: a familia involúcrase dándolle un xiro de 90º e inventando de novo o conto ( título, un novo traballo, contexto…), promovendo aos nenos que rapaces/zas poderían facer calquer tipo de traballo.
Visitounos a autora da colección dos libros ” Pizca de Sal ” de Ana Alonso , libros como ” El monstruo comerrocas”- ” Desafío Lunar “- ” Un número mágico “- ” Una mano en la piedra “…., os nenos mais atrevidos arrancáronse a facerlle preguntas , meténdose no papel de xornalistas.
Celebramos o día de Rosalía de Castro, os nenos/as de 4º Primaria fixeron unha lectura conxunta dun poema de Rosalía no Auditorio de Ribeira, xunto con outros colexios. Os demais nenos/as do centro, fixeron unha lectura en conxunto polas distintas aulas, dos poemas da autora Rosalía.
Os alumnos máis grandes do cole, recibiron hoxe a visita do director da compañía Fantoches Baj, Inacio Vilariño, gañador do VIII Premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques, polo libro “Fábulas Galénicas”.