EXPER-I-CIENCIA correntes mariñas

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións:
o xoves 4 de maio, tivemos unha EXPERIENCIA-CHARLA DUN CIENTÍFICO (Antonio Cobelo, experto en correntes mariñas), solicitado desde EXPER-I-CIENCIA CSIC, para o alumnado de 5º e 6º curso. Foi toda unha experiencia misturar auga de cores doce e salgada, vendo como reaccionan.

Concurso de tartas con froita

O alumnado de 2º curso, coa colaboración das súas familias, participou nun concurso de tartas. O requisito fundamental é que levasen froita na súa elaboración. O premio estivo moi reñido, pois todas estaban de rechupete. Houbo un premio á presencia e outro ao sabor.

Novidades MAIO 2017

Enlaces web Letras Galegas 2017 – CARLOS CASARES

No tren de Carlos Casares from Illa Bufarda on Vimeo.

Aquí vos deixamos os enlaces a páxinas interesantes con información, actividades, vídeos e imaxes do autor homenaxeado, Carlos Casares.

@ Seminario Galán

@ Fundación Carlos Casares
Unha morea de contidos para coñecer ben ao escritor.

@ Repositorio de contidos educativos

@ CEIP Vilaxoan

@ Real Academia Galega

@ Editorial Galaxia

@ O portal da Lingua Galega

@ Wikipedia

PROA e a froita

O grupo 2 de PROA, con motivo da semana da froita no colexio, fixemos un lapbook para explicar as propiedades e beneficios dalgunhas froitas. Ademais quixemos incluír no traballo a pirámide dos alimentos (para ver as racións de froita que debemos consumir), a árbore ou planta da que procede cada froita e unha curiosidade sobre cada unha delas.

Nas seguintes fotos podedes ver o resultado dalgúns dos traballos.



Logo de rematar os traballos presentámosllos aos compañeiros de aula de cada un (4º, 5º ou 6º), para facerlles ver a importancia de tomar froitas de xeito habitual.

Maleta de lecturas para familias

Dentro do Programa de Acción Maxistral, mercamos libros emocionais e en valores para as Escolas de familia dos tres centros participantes, pensado para facer unha mochila viaxeira para as familias.

Almorzo saudable en 1º curso

En colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AEECC) e aproveitando que esta semana no cole tiñamos froita, gracias ao “Programa Aliméntate Ben”, o alumnado de 1º curso disfrutou dun almorzo ben completo. Escoitaron moi atentos/as as recomendacións de Aroa e colorearon uns salvamanteis ben chulos: “o teu almorzo saudable, cada día aliméntate ben.”

I SEMANA DE CIENCIA E VALORES

O alumando do centro, vai desfrutar de actividades e charlas enfocadas a poñer en práctica ciencia e valores humáns que van relacionados. Aquí temos o cartel da I SEMANA DE CIENCIA E VALORES

Día Mundial do Libro 2017

Un ano máis chegou a data por excelencia para os amigos e amigas da lectura. Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un marcapáxina cun texto orixinal da poeta galega Rosalía Fernández Rial, agasallando os nosos ollos, oídos e mesmo o corazón.

Relaxing en familia

Actividade do día 21 na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións:
para rematar esta semana da orientación, do 18 ao 21 de abril, un papá veu na tarde do viernes a practicar unha sesión de relaxación en familia… un broche final de luxo!